miércoles, 12 de enero de 2011

Obsolescencia programada

O pasado día 7 de xaneiro La Dos de TVE programóu o documental "Comprar, tirar, comprar" no que poñen de manifesto a paradoxa de que pese ás indudables melloras tecnolóxicas os productos duran hoxe menos que antes. E denuncian que dita práctica débese a unha estratexia empresarial para limitar a utilización dos productos e incentivar a compra doutro novo.

O documental é o resultado de tres anos de investigación, fai uso de imaxes de arquivo pouco coñecidas, aporta probas documentais e amosa as desastrosas consecuencias medioambientais que se derivan de esta práctica.
 Enlace á web do programa

No hay comentarios:

Publicar un comentario