martes, 8 de diciembre de 2009

Un pouco de humor

Despois de entregar os traballos do trimestre e facer todos os exercicios propostos, ahí vai un pouco de humor sobre bancos para deixarvos un bo sabor de boca



lunes, 7 de diciembre de 2009

Exercicios toma de decisións

Ca ponte fóisenos un pouco o santo ao ceo, pero mais vale tarde que nunca. Espero que a sinxeleza dos exercicios compénsevos pola tardanza.

Enunciados:


Solucións:

miércoles, 2 de diciembre de 2009

Exericios IVE - Sociedades e solucións

O día do exame achégase e o tempo bótasenos enriba. Para que non perdamos moito tempo na clase e ir xa directos ás dúbidas, cólgobos aquí os enunciados que xa tedes e as solucións dos mesmos. Para comentar.

Enunciados:


Solucións:


martes, 17 de noviembre de 2009

Exercicios de custos

O tema dos custos é o unha cuestión moi relevante para a empresa. Nesta web atoparedes unha chea de presentacións multimedia e gráficos interactivos moi interesantes.
Para os alumnos de primeiro de bacharelato, no enlace de abaixo poderedes atopar os exercicios que sobre o tema catro resolveremos este trimestre.





martes, 3 de noviembre de 2009

Exercicios de Sociedades Anónimas de segundo de Bac

Aproxímase o día da verdade e a dinámica das clases fai complicado atender a todas as dúbidas. Tal e coma vos dixen en clase, aquí vos deixo un vínculo aos exercicios que vos entreguei en clase e ás solucións.

Que os disfrutedes.


sábado, 31 de octubre de 2009

Visita ao CEI Nodus de Lugo

O venres, 30 de outubro, os rapaces de OIE do IES acudiron ao Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo, sito no antigo Cuartel de Garabolos, para participar nunhas xornada sobre cooperativismo.

Tras unha breve charla sobre as vantaxes do cooperativismo púxose en marca unha pequena actividade cooperativa consistente en pintar, entre todos, un anaco dun mural sobre a muralla de Lugo.

Repartíuse o traballo en tres grupos: uns pintaron, outros crearon as mezclas e un tercer grupo deseñou e executou a mensaxe a transmitir.

Fica eiquí un pequeno vestixio de dita actividade.

lunes, 19 de octubre de 2009

Contabilidade Rexional


Un pequeno exercicio para @s de primeiro de bacharelato. Agora que as comunidades autónomas están a debater sobre a financiación que o Goberno central lles debe proporcionar non estaría demais ter claras cales son as cifras que se manexan neste debate.

Partimos da información do INE, e collendo os datos do PIB e poboación de cada comunidade para 2008 imos calcular a estructura porcentual de cada unha desas variables, así como o PIB per cápita, que tamén expresaremos en base 100.

Aquí tedes o arquivo de folla de cálculo co que teredes que traballar.

martes, 13 de octubre de 2009

Traballos voluntarios

Para todos aqueles que teñades inquedanza pola Economía e queiradas aproveitar para redondear a vosa nota, tedes a oportunidade de realizar un traballo voluntario para este trimestre según as instruccións que atoparedes nos ficheiros adxuntos.

Para os de segundo de bacharelato o traballo versará sobre a Responsabilidade Social Corporativa, debendo investigar a información que ao respecto proporcionan as empresas na súa páxina web. Como alternativa se pode facer unha investigación sobre o Grameen Bank, tamén coñecido como o banco dos pobres, e o seu fundador, Muhammad Yunus, premio nobel da paz no 2006.

Os de primeiro de bacharelato podedes ler algúns dos pequenos libros que vos suxerimos e facer un comentario sobre os mesmos: ¿Quién se ha llevado mi queso?, Fish! e La buena suerte. Aquí atoparedes información polo miudo sobre a estructura e forma de presentación do traballo.

lunes, 5 de octubre de 2009

Empieza El Juego de la Bolsa

Durante este trimestre os alumnos de segundo de bacharelato participarán no Xogo Europeo da Bolsa, patrocinado polas caixas de aforro de Europa. Deberán de investir 50.000 euros durante un pouco mais de dous meses en valores do Euroxx 50. E gañará aquel equipo que consigua unha maior revalorización da súa carteira.
Hoxe, primeiro día de xogo, tres empresas españolas, Acciona, Abertis e Abengoa, acumulan importantes subas. É importante que teñades en conta a tendencia a medio prazo da empresa. Aconséllovo que antes de decidirvos por un valor lle botedes unha ollada aos charts.

sábado, 26 de septiembre de 2009

Traballo de Economía para o primeiro trimestre


Boas, xa comenzou o curso e, como non podía ser doutro modo, aquí temos o primeiro traballo da temporada.


Para este trimestre, como estamos empezando, un traballo sobre os precursores ou pioneiros no campo da economía: Adam Smith, Thomas Robert Malthus ou John Stuart Mill.

No ficheiro adxunto (é preciso que teñades instalado o lector de Adobe) atoparedes todos os detalles, pero en xeral trátase de que fagades unha breve referencia biográfica dalgún deses autores, indiquedes as súas obras mais importantes y comentedes as súas aportacións mais relevantes á ciencia económica.


Na web de eumed poderedes atopar moita información de interese.Tamén na biblioteca do centro, na provincial ou na Intercentros, hai bibliografía de sobra.

lunes, 18 de mayo de 2009

19 de maio, día do emprendedor.


O concello de Lugo organizou unha xornada que terá lugar o vindeiro martes 19 de maio no Centro de Empresas e Innovación, co motivo do IV día do emprendedor. Podes acceder ao programa dos actos na páxina do concello http://www.lugo.es/.

Estes actos son unha parte dos que haberá en toda Galicia este día.

Dende o departamento de economía animámosvos a acudir a esta cita.

viernes, 8 de mayo de 2009

Comercio xusto


Co gallo da conmemoración do día do Comercio xusto, que é o 9 de maio, imos ter unha serie de actividades organizadas polo departamento. Os días 14 e 15 de maio virán colaboradores de "A cova da Terra" a falarnos deste comercio alternativo.

A Cova da Terra é unha ONG que traballa desde 1995 no eido do comercio xusto, vendendo produtos das cooperativas de países empobrecidos e sensibilizando e formando ás/aos consumidoras/es, e futuras/os consumidoras/es do noso contorno máis próximo.
A Cova da Terra pertence como socio fundador á Coordinadora Estatal de Comercio Xusto, abrindo a primeira tenda de comercio xusto de Galicia en Lugo.

Enlaces relacionados:



miércoles, 6 de mayo de 2009

9 de maio. Día de Europa.



O 9 de maio de 1950, Robert Schuman presentou a súa proposta para a creación dunha Europa organizada, requisito indispensable para o mantemento de relacións pacíficas.Esta proposta, coñecida como "Declaración Schuman", considérase o xerme da creación do que actualmente é a Unión Europea.

O 9 de maio converteuse no símbolo europeu (Día de Europa) que, xunto coa bandeira, o himno, o lema e a moeda única (o euro) identifican a entidade política da Unión Europea..

No Día de Europa celébranse actividades e festexos que achegan a Europa aos seus cidadáns e hermanan aos distintos pobos da Unión.

lunes, 20 de abril de 2009

De onde ven e para onde vai o diñeiro?

Un vídeo sobre a necesidade do diñeiro. É un fragmento da película "El concursante" dirixida por Rodrigo Cortes, España, 2006, 90 min. Sinopse: Martin Circo protagonista, mozo profesor asociado de Historia da Economía, acaba de converterse na gañador do maior premio concedido na Historia da Television. Máis de tres millóns de euros. 500 millóns de pesetas en premios de todo tipo. Sen embargo, pronto descobre que ser millonario é caro, e nin de lonxe ten o diñeiro necesario para poder permitirse os premios. Facenda, pola súa banda, reclama a metade das ganancias. Case sen decatarse, Martin vese atrapado nunha trampa sen saída, un pesadelo insolita, tratando de desfacerse de todo aquilo que a sorte lle traeu. Edmundo Figueroa, un vello economista extravagante e disidente, pode ser seu última oportunidade de escapar.

martes, 31 de marzo de 2009

"Os prezos caen por primeira vez na historia"

Este é o titular que aparece hoxe en todos os xornais. Aquí tes un video que nos indica cales son os datos que manexamos. É boa ou mala esta nova?. Pensa como economísta e deixa o teu comentario.

jueves, 26 de marzo de 2009

Reflexión de Einstein sobre a crise

Empresarios Galeg@s

Novo webquest do Departamento de Economía.
Traballo a realizar polos alumnos de 1º de BAC na terceira avaliación.

Crise. Opina.


Tradicionalmente os Gobernos para sair dunha situación de crise, utilizaban políticas fiscais expansivas, consistentes en aumentar o gasto público e baixar os impostos, coa pretensión de utilizar o déficit para estimular a demanda agregada e a actividade económica. Debemos ter en conta que moitas veces incurrimos en déficit e non por elo aumenta a actividade económica, co que nos atopamos non cun problema, senon con dous.



En crises como a actual, na que nos só falamos de crise económica, senon tamén de financieira, caracterizada por unha falta de liquidez no sistema bancario: Que medidas están adoptando os Gobernos dos distintos países para suavizar esta recesión? Ocurreseche algunha outra que podería se efectiva?

jueves, 19 de marzo de 2009

Consumir ou aforrar, esa é a cuestión?


Neste momento no que estamos a atravesar unha das crises máis importantes da historia, debemos cuestionarnos que podemos facer nós para saír canto antes dela, debemos gastar toda ou gran parte da nosa renda dispoñible, seguindo as ideas de keynes ou sen embargo deberíamos aforrar todo o que poidamos?. Agradecemos a túa opinión e a resposta a enquisa da marxe dereita.

viernes, 6 de marzo de 2009

Semana da prensa económica

Como xa sebedes na semana do 9 ao 13 de febreiro celebramos a Semana da prensa económica na Bilioteca.
podedes ver fotos dos vosos traballos no blog da biblioteca ao que podes acceder dende o seguinte enlace: http://bibliolhosgrandes.blogspot.com/
Gracias a María pola sua colaboración e a publicación destas novas.