sábado, 31 de octubre de 2009

Visita ao CEI Nodus de Lugo

O venres, 30 de outubro, os rapaces de OIE do IES acudiron ao Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo, sito no antigo Cuartel de Garabolos, para participar nunhas xornada sobre cooperativismo.

Tras unha breve charla sobre as vantaxes do cooperativismo púxose en marca unha pequena actividade cooperativa consistente en pintar, entre todos, un anaco dun mural sobre a muralla de Lugo.

Repartíuse o traballo en tres grupos: uns pintaron, outros crearon as mezclas e un tercer grupo deseñou e executou a mensaxe a transmitir.

Fica eiquí un pequeno vestixio de dita actividade.

lunes, 19 de octubre de 2009

Contabilidade Rexional


Un pequeno exercicio para @s de primeiro de bacharelato. Agora que as comunidades autónomas están a debater sobre a financiación que o Goberno central lles debe proporcionar non estaría demais ter claras cales son as cifras que se manexan neste debate.

Partimos da información do INE, e collendo os datos do PIB e poboación de cada comunidade para 2008 imos calcular a estructura porcentual de cada unha desas variables, así como o PIB per cápita, que tamén expresaremos en base 100.

Aquí tedes o arquivo de folla de cálculo co que teredes que traballar.

martes, 13 de octubre de 2009

Traballos voluntarios

Para todos aqueles que teñades inquedanza pola Economía e queiradas aproveitar para redondear a vosa nota, tedes a oportunidade de realizar un traballo voluntario para este trimestre según as instruccións que atoparedes nos ficheiros adxuntos.

Para os de segundo de bacharelato o traballo versará sobre a Responsabilidade Social Corporativa, debendo investigar a información que ao respecto proporcionan as empresas na súa páxina web. Como alternativa se pode facer unha investigación sobre o Grameen Bank, tamén coñecido como o banco dos pobres, e o seu fundador, Muhammad Yunus, premio nobel da paz no 2006.

Os de primeiro de bacharelato podedes ler algúns dos pequenos libros que vos suxerimos e facer un comentario sobre os mesmos: ¿Quién se ha llevado mi queso?, Fish! e La buena suerte. Aquí atoparedes información polo miudo sobre a estructura e forma de presentación do traballo.

lunes, 5 de octubre de 2009

Empieza El Juego de la Bolsa

Durante este trimestre os alumnos de segundo de bacharelato participarán no Xogo Europeo da Bolsa, patrocinado polas caixas de aforro de Europa. Deberán de investir 50.000 euros durante un pouco mais de dous meses en valores do Euroxx 50. E gañará aquel equipo que consigua unha maior revalorización da súa carteira.
Hoxe, primeiro día de xogo, tres empresas españolas, Acciona, Abertis e Abengoa, acumulan importantes subas. É importante que teñades en conta a tendencia a medio prazo da empresa. Aconséllovo que antes de decidirvos por un valor lle botedes unha ollada aos charts.