domingo, 28 de noviembre de 2010

Visita ao World Forum Lille 2010


Como sabedes, como resultado da nosa colaboración co instituto Mousseron da vila francesa de Denain nun proxecto E-Twinning sobre desenvolvemento sostible, fomos invitados a asistir ao World Forum sobre desenvolvemento sostible que dende fai catro anos se ven celebrando na vila de Lille, este ano co tema "Responsabilidade social corporativa e desenvolvemento sostible".

Alá se foron o profesor de economía, Paco Núñez, e os alumnos de segundo de bacharelato Alba Espósito e Bertín Calvo como representantes do resto de participantes no proxecto. Foron tres días emocionantes, nos que nos puidemos achegar ao traballo dos directivos dalgunhas das empresas mais relevantes do mundo e coñecer de primera man as súas iniciativas para incorporar a preocupación polo medio ambiente e por un mundo mellor ao dinámico mundo empresarial.

Ao mesmo tempo, convivimos con profesores e alumnos franceses e doutros países de Europa que compartían con nos a inquietude pola deriva do planeta e polas posibles inicitivas a desenvolver para tratar de reconducila e integrar o respecto polo contorno como unha variable mais a considerar á hora de desenvolver unha actividade empresarial.

Durante a nosa estadía en Denain asistimos ás sesións de apertura e peche do foro, colaborando en talleres específicos destinados aos estudiantes, participamos en diversas actividades no centro e exploramos posibles vías de colaboración futura entre as nosas escolas (Alemania, Bulgaria, España e Francia), sempre ca teima da sostenibilidade e o desenvolvemento economíco como elementos centrais.

De todo esto quédannos a lembranza da afectuosa acollida efectuada polos nosos anfitriones, os alumnos e profesores do instituto Mousseron, e o recordo dos bos ratos pasados na súa compañía e na dos profesores e alumnos chegados de Alemania e Bulgaria.

miércoles, 10 de noviembre de 2010

Degustación productos cooperativas.

Con motivo da recepción dos productos agasallo das cooperativas participantes no programa de promoción do cooperativismo do Concello de Lugo, organizaouse una degustación cos alumnos de 3º e 4º da ESO do Obradoiro de Inciativas Emprendedoras participantes no programa. Cos remanentes ofrecéuselles tamén aos profesores do centro un pequeno ágape.

lunes, 1 de noviembre de 2010

Apicultura en Galicia

Con motivo das xornadas de promoción do cooperativismo patrocinadas polo Concello de Lugo dende o CEI-Nodus os alumnos de Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras do IES achegáronse a visitar algunhas cooperativas da zona, entre elas Erica Mel, unha das cooperativas apícolas mais activas da provincia, situada en Arzúa.

A semana pasada recibimos unhas mostras de degustación dos seus productos que nos deixaron moi bo sabor de boca.

Aquí vos deixamos cunhas fotos desta interesante actividade, extraídas do número 89 de Abelleira, a revista de Sociedade Galega de Apicultura, que ilustran a beleza e relevancia desta actividade tradicional.

jueves, 28 de octubre de 2010

Unha desenfada explicación da crise

Abondan no internet vídeos explicativos sobre as causas da actual e xa longa crise, pero este vídeo, que xa leva tempo na rede, lévase a palma pola parodia que fai dos axentes implicados e dos mercados financeiros. Disfrutádeo!

lunes, 27 de septiembre de 2010

Visita a Inditex

O vindeiro mércores, en medio dunha convocatoria de folga xeral, achegarémonos a Arteixo para facerlle unha entrevista ao responsable de sostenibilidade de Inditex. As preguntas deseñadas polos vosos compañeiros inciden sobre a política de Responsabilidade Social Corporativa (RSC) de Inditex e cómo se asegura que os proveedores sigan as directrices que se lles marcan dende a empresa.

Temos prevista unha nova visita ás instalacións da empresa, todo o grupo, para despois do Nadal. Mentras chega ese momento podedes ir facéndovos unha idea co iste documental sobre o modelo de negocio da empresa.


domingo, 26 de septiembre de 2010

Novo curso






Damos inicio a un novo curso e cambiamos a plantilla do blog. Cambiamos tamén os libros, optando por libros en galego.

  • 2º Bacharelato: Economía da Empresa, de Rafael Prieto-Puga Fariña, Ed. Consorcio Editorial Galego.
  • 1º Bacharelato: Economía, de Andrés Cabrera e Enrique Lluch, Ed. SM-Xerse.
  • Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras: estamos pendentes de recibir os libros de Empresa Joven Europea, polo que de momento traballaremos con fotocopias.

martes, 15 de junio de 2010

Día do emprendemento

O próximo día 16 de xuño celebrarase a quinta edición do Día do Emprendemento. O programa que se desenvolverá na sede do Cei Nodus que ten o Concello de Lugo podédelo consultar no seguinte enlace:
http://cei.lugo.es/noticias/nova.php?id_nova=390&lg=gal
Nesta páxina tamén podedes inscribiros se desexades asistir aos actos.
O Igape pola súa banda tamén organiza actos no Pazo de Congresos de Santiago co seguinte programa:
http://tramitador.igape.es/xornadas/(S(denyayuxcjeh3rmrsbxtdxqb))/xor_mapaactividades.aspx?acto=98

miércoles, 31 de marzo de 2010

Visita a Ingapán


O pasado xoves, 11 de marzo, vinte rapaces de primeiro de bacharelato e os profesores de economía dos IES Ollos Grandes visitamos a planta de Ingapán situada no Polígono do Ceao de Lugo.
Para poder acceder ás instalacións tivemos que vestirnos con batas e gorros para o pelo para evitar contaminacións. Na planta puidemos ver os distintos procesos productivos da empresa: pan precocido, empanadas, tartas, ...
Como sabedes o grupo Ingapán produce e comercializa as marcas Chousa e Quentes, ademáis de ser o promotor das franquicias Donavaniri e Don León. Tanto na web do grupo como neste artigo de El Progreso, poderedes atopar mais información.

viernes, 12 de marzo de 2010

Visita a INDITEX

O pasado 26 de febreiro un grupo de alumnos/as de 2º de BAC visitamos as instalacións que Inditex ten no polígono de Arteixo na Coruña .

Inditex é un dos principais distribuidores de moda do mundo, con oito formatos comerciais -Zara, Pull and Bear, Massimo Dutti, Bershka, Stradivarius, Oysho, Zara Home y Uterqüe - que contan con 4.530 establecimientos en 73 países.

A visita tivo unha duración de 2 horas nas que nos guiaron por o departamento de deseño de Zara, estudios de escaparaatismo, tendas,... para logo trasladarnos a ver o almacen onde puidemos ver o seu sistema de loxística "in situ".

sábado, 13 de febrero de 2010

Semana da Prensa Económica


Durante a pasada semana, do oito ao doce de febreiro, os alumnos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes estiveron a traballar na biblioteca do centro sobre as distintas publicacións especializadas en prensa económica existentes no mercado. Estudiamos o seu contido, a súa estructura e o tipo de información que conteñen.

Fixemos tamén toda unha serie de traballos que logo quedaron alí publicados nuns panais, para a contemplación do resto do centro: os mais pequenos fixeron collages con fotos e titulares sobre a súa versión do que é a Economía. Os alumnos de primeiro de bacharelato seleccionaron distintos tipos de noticias segundo o seu carácter microeconómico ou macroeconómico. E os maiores, os de segundo de bacharelato, espuxeron a súa visión da situación económica fai un ano e hoxe en día tomando como referencia os titulares, noticias e indicadores económicos recollidos na prensa especializada.

Como colofón ao traballo de toda unha semana, o xoves visitou o centro José María Vilabrille director da Agencia Gallega de Noticias e tamén é director do primeiro xornal de economía galego NOVA +.

sábado, 6 de febrero de 2010

Exercicios e presentacións B2

Volvemos á carga nestre trimestre con mais material complementario para as clases de segundo de bacharelato: exercicios sobre CPM e diagramas de Gantt e presentacións das áreas de recursos humanos e producción.




lunes, 1 de febrero de 2010

Datos estatísticos

Cada vez é mais frecuente que nos atopemos con información contradictoria sobre unha cuestión. Uns dicen unha cousa, uns dicen outra... O mellor é acudir directamente á fonte, os datos estatísticos nos que se basan.
Aquí tedes un pequeno traballo, ao albur do mercado de traballo e as taxas de actividade, que vos pode axudar a familirizarvos con estas web de información estatística.

domingo, 24 de enero de 2010

Proxecto e-Twinning: World Forum - Lille 2010


Como xa dixemos en clase, imos participar no proxecto e-Twinning World Forum - Lille 2010, xunto con centros de Alemaña, Francia e Bulgaria. Teremos que facer unha pequena investigación sobre empresas españolas e as súas prácticas relativas á enerxía e os resíduos.

Se o noso traballo ten calidade suficiente o presentaremos no World Forum sobre Economía Sostible a celebrar na cidade francesa de Lille.

Deixámosvos a presentación para que refresquedes a vosa memoria sobre o que son os proxectos e-Twining e iste proxecto en concreto.