martes, 1 de febrero de 2011

Visita a La Voz de Galicia

Aínda que con un pouco de retraso aquí podedes ver as fotos da visita que fixemos á redación de La Voz de Galicia. Unha visita moi interesante na que tivemos ocasión de coñecer de primeira man o funcionamento dun periódico.

miércoles, 12 de enero de 2011

Obsolescencia programada

O pasado día 7 de xaneiro La Dos de TVE programóu o documental "Comprar, tirar, comprar" no que poñen de manifesto a paradoxa de que pese ás indudables melloras tecnolóxicas os productos duran hoxe menos que antes. E denuncian que dita práctica débese a unha estratexia empresarial para limitar a utilización dos productos e incentivar a compra doutro novo.

O documental é o resultado de tres anos de investigación, fai uso de imaxes de arquivo pouco coñecidas, aporta probas documentais e amosa as desastrosas consecuencias medioambientais que se derivan de esta práctica.
 Enlace á web do programa

martes, 11 de enero de 2011

Visita a Inditex, Banco de España e Fundación Caixagalicia

O pasado día 10.01.2011, luns primeiro día de clase tras as vacacións e Nadal, fixemos unha interesante visita de estudios a A Coruña na que os alumnos de bacharelato visitaron a sede de Inditex en Arteixo.

Mentre que os alumnos de primeiro de bacharelato se acercarón á sucursal de o Banco de España en A Coruña e posteriormente visitaron a sede social da Fundación Caixagalicia na mesma vila.

Unhas viaxes moi interesantes das que aquí vos deixamos unha pequena testemuña gráfica.



Como anécdota contar que no Banco de España agasalláronnos con 300.000 euros en billetes de 500 euros ... triturados!