lunes, 18 de mayo de 2009

19 de maio, día do emprendedor.


O concello de Lugo organizou unha xornada que terá lugar o vindeiro martes 19 de maio no Centro de Empresas e Innovación, co motivo do IV día do emprendedor. Podes acceder ao programa dos actos na páxina do concello http://www.lugo.es/.

Estes actos son unha parte dos que haberá en toda Galicia este día.

Dende o departamento de economía animámosvos a acudir a esta cita.

viernes, 8 de mayo de 2009

Comercio xusto


Co gallo da conmemoración do día do Comercio xusto, que é o 9 de maio, imos ter unha serie de actividades organizadas polo departamento. Os días 14 e 15 de maio virán colaboradores de "A cova da Terra" a falarnos deste comercio alternativo.

A Cova da Terra é unha ONG que traballa desde 1995 no eido do comercio xusto, vendendo produtos das cooperativas de países empobrecidos e sensibilizando e formando ás/aos consumidoras/es, e futuras/os consumidoras/es do noso contorno máis próximo.
A Cova da Terra pertence como socio fundador á Coordinadora Estatal de Comercio Xusto, abrindo a primeira tenda de comercio xusto de Galicia en Lugo.

Enlaces relacionados:



miércoles, 6 de mayo de 2009

9 de maio. Día de Europa.



O 9 de maio de 1950, Robert Schuman presentou a súa proposta para a creación dunha Europa organizada, requisito indispensable para o mantemento de relacións pacíficas.Esta proposta, coñecida como "Declaración Schuman", considérase o xerme da creación do que actualmente é a Unión Europea.

O 9 de maio converteuse no símbolo europeu (Día de Europa) que, xunto coa bandeira, o himno, o lema e a moeda única (o euro) identifican a entidade política da Unión Europea..

No Día de Europa celébranse actividades e festexos que achegan a Europa aos seus cidadáns e hermanan aos distintos pobos da Unión.