sábado, 13 de febrero de 2010

Semana da Prensa Económica


Durante a pasada semana, do oito ao doce de febreiro, os alumnos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes estiveron a traballar na biblioteca do centro sobre as distintas publicacións especializadas en prensa económica existentes no mercado. Estudiamos o seu contido, a súa estructura e o tipo de información que conteñen.

Fixemos tamén toda unha serie de traballos que logo quedaron alí publicados nuns panais, para a contemplación do resto do centro: os mais pequenos fixeron collages con fotos e titulares sobre a súa versión do que é a Economía. Os alumnos de primeiro de bacharelato seleccionaron distintos tipos de noticias segundo o seu carácter microeconómico ou macroeconómico. E os maiores, os de segundo de bacharelato, espuxeron a súa visión da situación económica fai un ano e hoxe en día tomando como referencia os titulares, noticias e indicadores económicos recollidos na prensa especializada.

Como colofón ao traballo de toda unha semana, o xoves visitou o centro José María Vilabrille director da Agencia Gallega de Noticias e tamén é director do primeiro xornal de economía galego NOVA +.

sábado, 6 de febrero de 2010

Exercicios e presentacións B2

Volvemos á carga nestre trimestre con mais material complementario para as clases de segundo de bacharelato: exercicios sobre CPM e diagramas de Gantt e presentacións das áreas de recursos humanos e producción.




lunes, 1 de febrero de 2010

Datos estatísticos

Cada vez é mais frecuente que nos atopemos con información contradictoria sobre unha cuestión. Uns dicen unha cousa, uns dicen outra... O mellor é acudir directamente á fonte, os datos estatísticos nos que se basan.
Aquí tedes un pequeno traballo, ao albur do mercado de traballo e as taxas de actividade, que vos pode axudar a familirizarvos con estas web de información estatística.