domingo, 28 de noviembre de 2010

Visita ao World Forum Lille 2010


Como sabedes, como resultado da nosa colaboración co instituto Mousseron da vila francesa de Denain nun proxecto E-Twinning sobre desenvolvemento sostible, fomos invitados a asistir ao World Forum sobre desenvolvemento sostible que dende fai catro anos se ven celebrando na vila de Lille, este ano co tema "Responsabilidade social corporativa e desenvolvemento sostible".

Alá se foron o profesor de economía, Paco Núñez, e os alumnos de segundo de bacharelato Alba Espósito e Bertín Calvo como representantes do resto de participantes no proxecto. Foron tres días emocionantes, nos que nos puidemos achegar ao traballo dos directivos dalgunhas das empresas mais relevantes do mundo e coñecer de primera man as súas iniciativas para incorporar a preocupación polo medio ambiente e por un mundo mellor ao dinámico mundo empresarial.

Ao mesmo tempo, convivimos con profesores e alumnos franceses e doutros países de Europa que compartían con nos a inquietude pola deriva do planeta e polas posibles inicitivas a desenvolver para tratar de reconducila e integrar o respecto polo contorno como unha variable mais a considerar á hora de desenvolver unha actividade empresarial.

Durante a nosa estadía en Denain asistimos ás sesións de apertura e peche do foro, colaborando en talleres específicos destinados aos estudiantes, participamos en diversas actividades no centro e exploramos posibles vías de colaboración futura entre as nosas escolas (Alemania, Bulgaria, España e Francia), sempre ca teima da sostenibilidade e o desenvolvemento economíco como elementos centrais.

De todo esto quédannos a lembranza da afectuosa acollida efectuada polos nosos anfitriones, os alumnos e profesores do instituto Mousseron, e o recordo dos bos ratos pasados na súa compañía e na dos profesores e alumnos chegados de Alemania e Bulgaria.

1 comentario:

  1. Bonjour je suis une élève du Lycée Jules Mousseron ett je vous mets ce commentaire pour vous dires que j'ai vraiment aimé rencontrer =)
    Et j'espère vraiment que l'on recommencera ce genre d'échange =D

    Aurélie Raulier 2°2

    ResponderEliminar